DAN EUROPE IBERICA

Dende 1980, "Divers Alert Network" vela pola Seguridade no Mergullo a través
da súa Liña Telefónica de emerxencia, que funciona 24 horas ó día, así como do seu
Servicio de Información. Cando ocorre un accidente de mergullo, os especialistas en
Medicina subacuática e Hiperbárica de DAN asisten ó mergullador afecto e consultan de
inmediato co persoal médico local de emerxencia, a fin de coordinar o tratamento e a
evacuación e ofrecer a mellor atención posible.
A túa afiliación a DAN-EUROPE exudará a manter e mellorar-los nosos programas de
investigación relacionados coa seguridade no mergullo en prol de tódolos mergulladores.
Estas son algunhas das importantes ventaxas que obterás ó afiliarte a DAN-EUROPE:
- Liña de Emerxencia permanente 24 horas ó dia, e servicio telefónico de información
para consultas non urxentes relacionadas coa seguridade e a Medicina do mergullo, a
través do Servicio Central Europeo (REGA) instalado en Zurich (Suiza) e da rede mundial
de liñas de emerxencia nacionais e internacionais de DAN.
- Cobertura dos costes de transporte, de tratamento médico e hiperbárico e de
hospitalización por accidente de mergullo, en calquera parte do mundo. (Póliza de
Assitalia 34/50/317100). Límites de cobertura -Transporte urxente: 1.600.000 pts.;
hospitalización e tratamento médico e hiperbárico: 800.000 ptas.)
- Servicio mundial ilimitado de evacuación de emerxencia, ofrecido por
"International DAN Travel Assistance", para o transporte urxente dos afiliados a
DAN cando se atopen a unha distancia superior a 100 kilómetros do seu lugar de residencia
habitual, por calquera outro tipo de emerxencia, aínda que non estea relacionada co
mergullo.
- Tarxeta de afiliación, cos números de teléfono de emerxencia e de consulta.
- Plans opcionais específicos de seguros para mergulladores profesionais e recreativos,
escolas e contros turísticos de mergullo.
Solicita información adicional a DAN-EUROPE-ESPAÑA.
